Dende o Conservatorio Profesional de Música da Coruña envíannos a convocatoria de prazas para alumnado con diversidade sobre as probas de acceso ao conservatorio para alumnado con necesidades educativas especiais.
O conservatorio profesional de música da Coruña é un centro que sente a preocupación pola integración social das persoas con diversidade . Desde fai 10 anos acariñaba a idea de poñer en marcha unha iniciativa específica e pionera na nosa comunidade autónoma: achegar a vivencia e o goce da música ás persoas con discapacidad que tivesen aptitudes musicais; persoas estas que, habitualmente, non adoitan ter fácil acceso a bens culturais como é o caso da educación musical.
No conservatorio temos o pleno convencimiento de que, aínda que o grado de predisposición cara á música é diferente en cada persoa, ninguén está incapacitado para a música. Para o goce da música non existen limitacións, nin barreiras. Na súa concepción da música como medio de expresión e de comunicación, entendemos o traballo coas persoas con discapacidad como un medio de potenciar neles, tanto o seu goce persoal como a sua inserción social.
CONVOCATORIA DE PRAZAS ALUMNOS N.E.E
Para saber mais: