O Programa R.E.A.D. de Lectura con Cans (Reading Education Assistance Dogs) mellora as habilidades de lectura dos nenos e nenas mediante a intervención de cans especialmente adestrados para ler con eles. Gracias a este programa da oferta educativa do Concello de A Coruña, 6 alumnos do noso Centro están a traballar con Guinda, a nosa cadela de lectura.
O éxito do Programa radica na conexión emocional que se establece entre o can e o neno ou nena que le para o animal.
Os cans son os acompañantes ideais para a lectura porque eles:
- escoitan atentamente
- axudan a relaxarse e disminúen a ansiedade
- non xuzgan, non se burlan, non critican
- son menos intimidantes que os compañeiros de clase ou que os adultos
- deixan que o nino vaia ao seu propio ritmo
- é moi agradable (os nenos poden acariciar ao can, tumbarse sobre él…)
- ler co can é visto polo neno como un xogo, non como unha obrigación.
Cara ao final de curso , agardamos que os resultados sean un éxito
Pode coñecer aos nosos cans en www.perrosyletras.com (GUINDA)