Publicada a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.
Lembrade según aparece na Orde, que “o alumnado matriculado en educación especial, así como aquel que teña recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 65 % que non poida empregar os libros de texto do curso en que estea matriculado, poderá adquirir libros doutros cursos ou o material didáctico e complementario que o centro docente determine en cada caso.”
O prazo de presentación rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).