Saltar al contenido

XIII Xornada de nais e pais. Educando en igualdade.

Baixo o título“Estratexias lúdicas en Igualdade: uso sen abuso de videoxogos e smartphones” o vindeiro sábado día 21 de febreiro celebrarase nas instalacións da Escola Galega de Administración Pública, en Santiago de Compostela, a décimo terceira edición da Xornada de nais e pais educando en igualdade, que nesta ocasión ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública, Santiago de Compostela

21 de febreiro de 2015

Inscrición ata o 19 de febreiro: xornadas.igualdade@xunta.es

tlf: 981 520 090

A xornada consta de sesións informativas para nais e pais e, paralelamente, de obradoiros de carácter lúdico adaptados á idade de referencia entre 9 e 13 anos dos nenos e nenas. As familias poderán xogar de forma conxunta a través de videoxogos, animacións e outros recursos educativos, compartindo baixo parámetros de igualdade, dende cada perspectiva, a súa experiencia e coñecemento acerca da tecnoloxías, os seus retos e as súas oportunidades con especial énfase na prevención do seu uso abusivo.

A capacidade é limitada polo que as inscricións se farán por rigorosa orde de entrada da solicitude de participación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: