Saltar al contenido

Nova convocatoria de Emprego Público específica para persoas con Discapacidade Intelectual 2016

oficina_de_empleoHoxe venres 18 de decembro publicouse no BOE https://www.boe.es/boe/dias/2015/12/18/pdfs/BOE-A-2015-13800.pdf a convocatoria do proceso selectivo para ingreso como personal laboral fixo (Axudante de Xestión e Servicios Comúns -Ordenanza-) da Administración Xeral do Estado, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Convócanse un total de 70 prazas para toda España, das cales 6 son en Galicia: A Coruña (1 ), Lugo (1),  Ourense (2) Pontevedra (1) e Marín (1).


As bases da convocatoria faranse públicas, nas páxinas web
www.seap.mihap.gob.es

(Servicios > Empleo público > Procesos selectivos > Personal Laboral fijo>Procesos selectivos de personal laboral Oferta de Empleo Público 2014), e no punto de acceso xeral www.administracion.gob.es.

Desde a Área de Emprego e Formación de FADEMGA Plena inclusión Galicia habilitaremos todos os apoios á nosa disposición para todas aquelas persoas interesadas en participar en esta nova convocatoria específica para persoas con Discapacidade Intelectual.

Para calquera consulta, poden contactar con calquera dos técnicos de Orientación da Federación nos seguintes teléfonos:


*        SIOL Vigo: 986 37 36 12 (María Teira ou Daniel Caeiro)
*        SIOL Santiago: 981 56 66 76 (Paula Álvarez, Manel Fernández ou Manuel Carrillo)
*        SIOL Lugo: 982 26 54 36 (Jesús Noya)
*        SIOL Ourense: 988 39 13 52 ( Ivanka Piñón)

Pregamos a máxima difusión, especialmente nas datas que temos por diante, para que ningunha persoa interesada se quede fora deste proceso.

Recordamos, o prazo de presentación de instancias son de 20 dias naturais a partir de mañan dia 19 de decembro. O prazo remata o 7 de xaneiro.

https://www.boe.es/boe/dias/2015/12/18/pdfs/BOE-A-2015-13800.pdf 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
A %d blogueros les gusta esto: