Saltar al contenido

Nova convocatoria de Emprego Público específica para persoas con Discapacidade Intelectual 2015

O pasado venres 19 de decembro publicouse no BOE a Convocatoria do proceso selectivo para ingreso como personal laboral fixo (Axudante de Xestión e Servicios Comúns -Ordenanza-) da Administración Xeral do Estado, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual.
Convócanse un total de 15 prazas para toda España, das cales 3 son en Galicia: A Coruña, Vigo e Ourense. É obligatorio escoller a praza á que se opta (número de orden) na Instancia de Solicitude.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición: A primeira fase será o exame en Madrid e a segunda, a valoración de méritos: profesionais (máx 30 puntos) e académicos (máx 3 puntos).
Requisitos:
• Ter discapacidade Intelectual con grao igual ou superior ao 33%
• Nacionalidade española, dun estado membro da UE ou residencia legal en España.
• Idade igual ou superior a 16 anos.
• Titulación: Nivel de formación equivalente a Educación Primaria, Certificado de Escolaridade ou acreditación dos anos cursados e das calificacións obtidas na ESO. Tamén se consideran equivalentes certificacións ou acreditacións emitidas polos Centros de Educación Especial.
• Posuir a capacidade funcional para o desempeño das tarefas
• Non ter sido apartado do servizo de calquera Administración pública.

Prazo: 20 días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no BOE: Ata o 8 de xaneiro de 2015

Lugar: Calquera rexistro administrativo. Pódense solicitar adaptacións de medios en función do grao de discapacidade na solicitude.
Para aquelas persoas que xa se presentaran en anteriores convocatorias, nesta ocasión non se pode conservar a nota da fase da oposición, xa que se modificaron os contidos do temario.
Para ver a convocatoria completa preme aquí.
Para ver o impreso de solicitude preme aquí.
Para ver as instruccións para realizar o impreso preme aquí.
Desde a Área de Emprego e Formación de FADEMGA FEAPS GALICIA habilitaremos todos os apoios á nosa disposición para aquelas persoas interesadas en participar en esta nova convocatoria específica para persoas con Discapacidade Intelectual. Para calquera consulta, poden contactar con calquera dos técnicos de Orientación da Federación nos seguintes teléfonos:
• SIOL Santiago: 981 56 66 76 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Lugo: 982 26 54 36 (Manel Fernández ou Paula Álvarez)
• SIOL Vigo: 986 37 36 12 (María Teira ou Daniel Caeiro)
• SIOL Ourense: 988 39 13 52 (Ivanka Piñón)
Fuente original, FADEMGA:

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: