Os nosos compañeiros do CEIP Anxo da Garda, convidaron á Clase Vermella á presentación da curtametraxe ”Vida” con Óscar e Rubén Riós.
Un ano de ensaios co director do proxecto VIDA Rubén Riós, ao carón dun colectivo de persoas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo do que son capaces, foi o detonante para levar a cabo a realización de dúas grandes obras audiovisuais tomando como base o espírito de unión e o traballo en equipo.
“Máis ca Vida” é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a estas persoas e os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe segundo aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.
A obra de ficción “Vida”, unha mistura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual deste grupo, que entrelazadas a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión sobre as posibilidades e capacidades das persoas con diversidade funcional
Nós tamén estivemos traballando na clase co logotipo de Vida que lles fixemos coa impresora 3D e levamos de regalo para eles. Grazas!!
Mais info:
Reportaxe en Galicia para o mundo https://www.youtube.com/watch?v=J1VKLCqZR-4