Saltar al contenido

Mais ca Vida

Os nosos compañeiros do CEIP Anxo da Garda, convidaron á Clase Vermella á presentación da curtametraxe ”Vida” con Óscar e Rubén Riós. 

Un ano de ensaios co director do proxecto VIDA Rubén Riós, ao carón dun colectivo de persoas con capacidades diferentes e con infinitas ganas de amosar ao mundo do que son capaces, foi o detonante para levar a cabo a realización de dúas grandes obras audiovisuais tomando como base o espírito de unión e o traballo en equipo.

“Máis ca Vida” é un documental que recolle os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a estas persoas e os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe segundo aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades, fatigas… aos seus sentimentos.

A obra de ficción “Vida”, unha mistura de arte, entretemento e comunicación, convértese na primeira experiencia audiovisual deste grupo, que entrelazadas a un reparto artístico de primeira categoría como os recoñecidos actores Javier Gutiérrez, Cristina Castaño, Mariana Carballal, Estíbaliz Veiga, María Mera e Luis Iglesia entre outros, trasladarán ao espectador dunha maneira lúdica e enteiramente positiva e realista, as diferenzas sociais existentes invitando ao público á reflexión sobre as posibilidades e capacidades das persoas con diversidade funcional

Nós tamén estivemos traballando na clase co logotipo de Vida que lles fixemos coa impresora 3D e levamos de regalo para eles. Grazas!!

Mais info:

www.maiscavida.com

Reportaxe en Galicia para o mundo https://www.youtube.com/watch?v=J1VKLCqZR-4 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
A %d blogueros les gusta esto: