Entre os principais obxectivos que se queren conseguir están:
- Adquirir e desenrolar habilidades numéricas básicas (ler, escribir e ordenar os números) realizar operacións básicas de cálculo (sumar, restar, multiplicar e dividir) e prantexar- resolver problemas do entorno aplicando os procedementos de cálculo axeitados e empreñando estratexias persoais de resolución.
- Apreciar o papel das matemáticas na vida cotiá, aproveitar co seu uso e recoñecer o valor de actitudes como a exploración de distintas alternativas, a conveniencia da precisión ou da perseveranza na busca de solucións.
Partindo das necesides de cada alumn@ traballaremos os contidos propostos en cada unha das programacións individuais.
- Comenzaremos sempre por traballo con material manipulable e significativo, aportando os apoios precisos para a resolución exitosa dos exercicios plantexados.
- Retiraremos os apoios e buscaremos cos alumn@s estratexias persoais de cara a execución autónoma dos exercicios e a súa representación gráfica.
- Propondranse actividades (individuais ou en parella/grupo) nas que teñan que empregar o aprendido dotándoo dun sentido útil e funcional.
- Na medida do posible organizaranse na aula «tarefas» nas que entren en xogo as habilidades adquiridas en distintas áreas e distintas agrupacións. Éstas terán un alto peso á hora de avaliar os avances e resultados de cada alumn@ pois estarán enfocadas á adquisición das competencias básicas dos distintos bloques e áreas.
Comentarios recientes