Partindo das necesides de cada alumn@ traballaremos os contidos propostos en cada unha das programacións individuais.
- Comenzaremos sempre por traballo con material manipulable e significativo, aportando os apoios precisos para a resolución exitosa dos exercicios plantexados.
- Retiraremos os apoios e buscaremos cos alumn@s estratexias persoais de cara a execución autónoma dos exercicios e a súa representación gráfica.
- Propondranse actividades (individuais ou en parella/grupo) nas que teñan que empregar o aprendido dotándoo dun sentido útil e funcional.
- Na medida do posible organizaranse na aula «tarefas» nas que entren en xogo as habilidades adquiridas en distintas áreas e distintas agrupacións. Éstas terán un alto peso á hora de avaliar os avances e resultados de cada alumn@ pois estarán enfocadas á adquisición das competencias básicas dos distintos bloques e áreas.
-Finalmente os materiais curriculares a utilizar son:
- Material escrito (libros de exercicios ou fotocopias).
- Tablets e as aplicacións oportunas para o reforzo dos contidos seleccionados para cada alumn@
- Os materiais precisos para o desenvolvemento das «tarefas» propostas.
Comentarios recientes