O proceso de ensino e aprendizaxe organízase nunha secuencia (fases) que inclúen en cada unha delas unha serie de estratexias de traballo. O deseño da secuencia mantense en todas as unidades didácticas para consolidar un procedemento.
Na Fase inicial: Trátase de actividades de introdución e motivación.
Na Fase de desenvolvemento: realízanse actividades de procura e organización da información e realizan unha primeira síntese do traballo realizado utilizando técnicas de procura e consulta de fontes, de organización, de localización…
Na Fase de síntese: utilízanse as aprendizaxes realizadas para realizar outros novos. É momento ademais para avaliar as aprendizaxes, para identificar os puntos de mellora, de ampliación e de desenvolvemento creativo.
Este sistema de traballo nos acompañará nas 3 unidades didácticas que traballaremos durante o curso.
Casa unidade rematará cun proxecto de traballo, obradoiro ou similar no que o alumnado porá en práctica o aprendido na unidade.
Comentarios recientes