Hoxe queremos contar o traballo que faremos no proxecto «LEEMOS»

 

  • Lectura diaria en clase: Realizaremos unha lectura diaria en clase, tanto con libros propios de lectura, como dos libros de texto. Un alumno ou alumna lerá en voz alta e os demais irán seguindo a lectura ou escoitarán a mesma, procedendo á súa posterior explicación.
  • Lectura na Biblioteca: Acudiremos no horario de Biblioteca asignado para a realización de actividades. Habituando ao alumnado ás normas básicas que é necesario cumprir cando acudimos a unha delas. Estas lecturas acompañaranse de cadernos pequenos con actividades de de animación á lectura baseadas nos devanditos libros ou textos.
  • Biblioteca de aula: Farase unha selección de títulos adecuados á idade do alumnado e realizaranse actividades sobre os libros lidos, Fichas, resumo, recomendacións, Celebracións: Realizaranse actividades de animación á lectoescritura sobre as celebracións que se seleccionaron: Entroido, Día do Libro, Día do Medio Ambiente….recollendo as actividades realizadas polo alumnado. (murais, traballos, fichas, manualidades, exposicións nos paneis dos corredores)
  • Biblioteca Virtual. Desde a páxina Web da aula poderase acceder a sitios recomendados con lecturas e lanzaranse propostas de actividades de carácter voluntario para o alumnado e familias que queiran participar.
  • Visitas e préstamos en bibliotecas municipais: Realizaremos visitas regularmente a algunha biblioteca municipal coa finalidade de xeneralizar o uso e normas básicas das mesmas. Solicitaremos préstamos de libros e/ou material que se incorporarán temporalmente á biblioteca de aula para o seu uso na lectura diaria, celebracións e poderán ser prestados aos alumn@s que o soliciten.
  • Envío de orientacións ás familias para o desenvolvemento do hábito lector no ámbito familiar
  • O TIC: O alumnado traballará no desenvolvemento de destrezas básicas para o manexo das novas tecnoloxías: utilizar sinxelos programas de computador sobre lectura… , acceder á información en soporte informático,, utilización dalgunhas ferramentas como o Paint (para debuxar, colorear…) ou o procesador de textos Word (para escribir palabras, frases ou pequenos textos…).

 

Faremos esta actividade todos os días, durante media hora (15:00 a 15:30)

 

LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
Xogamos cos libros (ver actividades) Lemos (1) Lectura en voz alta (xornais, prensa, receitas) Lemos (1) As festas e actividades (2)

(1) Selecciónanse libros (mínimo un por trimestre). Vaise lendo capítulos e en clase prepáranse actividades sobre ese capítulo.

(2)Buscamos información sobre as festas e actividades xerais do centro. Facemos murais, decoracións, etc.

Share

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Translate »