A metodoloxía didáctica será fundamentalmente comunicativa, inclusiva, activa e participativa, e dirixida ao logro dos obxectivos e das competencias clave. Neste sentido prestarase atención ao desenvolvemento de metodoloxías que permitan integrar os elementos do currículo mediante o desenvolvemento de tarefas e actividades relacionadas coa resolución de problemas en contextos da vida real.

A acción educativa procurará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado e terá en conta os seus diferentes ritmos e estilos de aprendizaxe, favorecendo a capacidade de aprender por si mesmo e promovendo o traballo colaborativo e en equipo.

A lectura constitúe un factor fundamental para o desenvolvemento das competencias clave; é de especial relevancia o desenvolvemento de estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos e imaxes, en calquera soporte e formato. Co fin de fomentar o hábito da lectura organizarase a incorporación dun tempo diario de lectura non inferior a trinta minutos.

Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo”.

Considero importante adicar un tempo á mellora de habilidades específicas de lectura e escritura, das habilidades matemáticas (detección e prevención de dificultades) … pois son aspectos que teñen que afianzar, mellorar e dotar de funcionalidade.

Por outra banda, as habilidades para o coñecemento e manexo na comunidade (coñecemento do medio) son especialmente importantes xa que poden e deben fomentar a comprensión do medio e polo tanto á interacción co mesmo.

A nivel metodolóxico intentaremos crear un contexto que dote de funcionalidade ás habilidades lectoescritoras e matemáticas do alumnado, e no que se traballen transversalmente as outras competencias (comunicación; competencia dixital; c. matemática; c.matemática; científica e tecnolóxica; aprender a aprender; c.social: sentido da iniciativa; conciencia e expresión cultural).

Por iso propoño a organización da aula a través de diversas metodoloxías: currículum bimodal, proxectos de traballo, traballo cooperativo, investigacións…Propondranse non só exercicios senón tamén actividades e tarefas que contribúan á adquisición de contidos significativos e funcionais.

Debe potenciarse a variedade de materiais e recursos, considerando especialmente a integración das tecnoloxías da información e da comunicación no proceso de ensino-aprendizaxe.

Se é preciso incorporaranse contidos de ampliación para aqueles alumn@s que acaden o desempeño mínimo inicialmente previsto.

Share

Translate »